Mi Juan. As cartas
As Cartas
Pero, si, na súa vida, había un gran pero.
- O meu Juan!, era como o chamaba sempre que falaba del.
Nalgunha ocasión
pregunteille porque non tivo relacións con outros homes. A súa resposta era
tallante, ninguén se parecía ó seu Juan.
Nunha etapa temperá
da miña vida afeccioneime a coleccionar selos; un amigo do meu pai, regaloume
parte da súa e iso aumentou a miña obsesión, claro; para min era fascinante,
compartía momentos agradables co meu pai, a miña nai, e coa avoa.
Ela, un día, extraeu
a caixa lacada do caixón primeiro da cómoda de cerdeira. Outro lugar secreto
cun gran tesouro. Así o vía eu.
E seleccionou un
grupo de cartas, cunha tesoira recorto, con delicado coidado, selos onde se
mostraba un novísimo ditador de perfil dereito, como non!
-Esas cartas?,
apareceu a curiosidade infantil.
A súa tenra resposta
aínda me conmove.
-Son os recordos do
teu avó Juan. Ademais veu unha recomendación.
-Non quero que
xogues con elas, si estráganse sentiríame moi mal.
Os únicos recordos
da súa parella, non hai outro obxecto na súa vida que non sexan esas cartas ou
a foto que lle regalou, nada máis.
Eu aceptaba as
recomendacións da miña avoa.
Encima do aparador
gardaba máis cartas e postais. Estás eran da familia que emigrou a Montevideo.
En cada nadal, aniversario, festas sinaladas, redactaba unhas sentidas cartas.
Pódoa ver, sentada no sofá, agarrando o boligráfo coa súa man con tal forza que
os seus dedos estaban brancos, a cabeza agachada sobre o branco folio.
Escribía cunha
caligrafía moi coidada e cunhas liñas moi rectas xa que apoiaba a folla nunha
cartolina que tiña marcadas as liñas negras.
Nalgunha ocasión,
facíame algunha pregunta sobre gramática, poucas, o certo é que a súa escasa
escolarización foi moi aproveitada para ela.
Non lembro moi ben
como foi o meu primeiro contacto coas cartas do avó, supoño que aínda non sabía
ler.
Agora si. E
dispóñome a escarbar na terra onde se aferran as miñas raíces.
Teño medo.
Comentarios