O verán e os libros
O verán e os libros. (non é un bo título, xa o sei!)
Tiven a enorme sorte que na miña vida adolescente disfrutei das vacacións nunha parroquía cativa dun concello mariño.
Nos veráns desa época chovía, maís ou menos un par de días na semana. Así o lembro.
A persoa que provocou a miña adicción á lectura, meu pai, agasalloume con unha colección chamada Biblioteca Básica Salvat que mercaba nun quiosco do barrio. Eu tiña 14 anos. E un grande gusto por disfrutar ó aire libre, maís non tanto da lectura. Cousas de cativos!!!
Eses libros ocupaban moito na nosa casa da cidade acristalada, e leváronse para a casa pequena na parroquia con nome celta.
Ahí estaba a miña habitación. Xuntamente cos meus cassetes, e a miña infancia.
A miña creatividade era constante e conxuntamente cos amigos e amigas, empregábamos esa enerxía en paseos agradables na procura de aventuras, partidas de basket eternas, ondas con salitre e risas, amaño de pinchazos con parches, que nunca funcionaban axeitadamente, bailes con agarimos, descubrimientos placenteros, e tamén aburrimento, eses días de choiva, con lóstregos ou sen eles.
Entón, sentado na branca e ampla soleira da ventá, ou no cativo balcón, leía, e máis mudaba, o meu ánimo: primeiro algo de disgusto, segundo, un pouco de interés, terceiro, ese soniquete da auga no tellado, cuarto, sorpresa! xa levo maís de quince páxinas, quinto, ABOA, AGORA NON PODO!...Xa está a comida, Ven comer e logo sigues!!..Aboa...virxe dos mariñeiros.
Eses días fixeron que lera a clásicos españois, europeos, sudamericanos (africanos ou asiáticos non).
Polo que se ve todavía non aprenderan a escribir e ler nesas paises lonxanos..
Agora veño de tomar una decisión.
Quero ir lendo un deses agasallos pouco a pouco, xa que, tampouco é que chovera moito! e faltan algunhas xoias por descubrir.
Fun o pasado domingo polo patrón e trouxen para casa o número 73 Algunos muchachos y otros cuentos Ana María Matute. (está no Vinted a 1€...tirado de precio...)
Espero que comence a chover pronto.


Comentarios