Azucre
Na segunda metade do século XIX, Galicia sufre de moitos males. Escasamente industrializada, moi clasista, con escasa presenza de burguesía, a desaparición dos bens eclesiásticos , non trae o reparto das terras nos traballadores labregos, que continuaron tendo que pagar as suas rendas a outros "señoritos".
As pandemias de cólera e tifus, mallaran na poboación nova, sen hixiene axeitada nas cidades ou nas poboacións rurais, escasos medicamentos, ausencia de persoal sanitario que poideran atallar activamente a propagación das doenzas.
A fame era unha realidade tras as malas colleitas, choiva e pouco traballo ben remunerado.
Enton xurde un visionario: Urbano Feijoo Sotomayor, dice que ten traballo para a mocidade galega nas plantacións de azucre que ten en Cuba.
Uns dous mil rapaces novos galegos faran esa travesia na procura dun futuro esperanzador.
Atoparan condicións de esclavitude para soster os inxenios de azucre propiedade de Urbano Feijoo; foi unha colonización de escravos dende Galiza.
Centra a autora a acción en seis rapaces novos na procura dunha vida, que fuxen da fame, da morte e procuran unha esperanza nun mundo novo. De qué me soa isto?, si, actualidade total.
Cunha narrativa descriptiva, a autora fai unha baixada ós infernos maís quentes do odío humán, da avaricia e do trato despiadado, cruel e falto de compaixón e humanidade que poidamos ver; o trato vexativo, as xornadas laborais de 16 horas recollendo caña de azucre para conseguir morrer de fame, ou de doenzas tropicais para as que non estaban preparados, cepos, torturas para ter o control da man de obra.
Que o esquecemento non faga o seu traballo nesta historia de Galicia.
Se queres saber algo máis da obra e da autora tedes aquí a entrevista para o programa de RNE, libros de arena.


Comentarios