Recortes BD

Fai unhas semanas, vin que algo movíase na bd galega. Unha decisión política facía tremer unha das bases da industria da bd, a eliminación das axudas as diferentes asociacións, premios para os concursos de xente nova, eliminación dos apoios as diferentes xornadas que facían a difución necesaria dunha arte que pouco a pouco vai tendo un espacio propio dentro da cultura galega.


Pero algo está cambiando na nosa sociedade, xurden boas iniciativas como a que podedes atopar na páxina http://recortesbd.blogspot.com/ 
Penso que é necesario apoiar esta iniciativa, desa maneira mostraremos que a industria da banda deseñada en Galicia merece ser respetada como calqueira outra, as librerias, as editoriais, as imprentas, as distribuidoras, os  autores e os lectores galegos somos parte de Galicia.
Facede o facer e firmade.



Comentarios

Además