Os fillos do lume

Teño libros no carón meu, esperando, como os bos viños, o momento de serén abertos para disfrutar dunha horas de disfrute e prazer. Este foi un deles. Merqueino na presentación que na libraria Lume da Coruña, fixo o seu autor, Pedro Feijoo.

A corrupción política. O nepotismo social. Unha lenda. Igrexas, museos, oficinas administrativas. Abundante intriga, persecucións, loitas. Mosquetóns.

Todos estes son os ingredientes dunha moi interesante novela de Pedro Feijoo, autor moi interesante que xa anteriormente narrou unha das historias maís ousadas na nova escrita galega " a memoria da choiva". 

Os fillos do lume describe una investigación no Vigo do século XXI, que sufre un magnicidio inesperado.  A morte do alcalde da cidade ten como enlace do pasado a lenda fundacional de Vigo. Antes da morte o alcalde mantén unha conversa cun famoso historiador local, nesa conversa participan os nosos protagonistas, Mariña e Simón. Deste xeito veránse cheos de dudas acerca do acontecido e comenzan, dun xeito nobre e arriscado, un descenso polas sombras da cidade, atopando certezas que modificaran as suas creencias personais.

Pedro Feijoo deslizase dun xeito agarimoso polo Vigo menos coñecido nas 495 páxinas que debullan un cativo feixe de historias, que acompañan a trama principal, armando una doce macedonia de realidade e ficción histórica. Envexa, avaricia, ansiedade polo estatus, poder, identidade nacional, son algúns dos motivos da acción humana que podemos atopar nesta obra extensa.

As descripcións urbáns que o autor espalla pola narración son parte dunha viaxe necesaria para encher as neurónas do cerne da historia antigua dunha das vilas senlleiras da nosa nación. 

Esta lixeira novela non sería a mesma sen os rápidos diálogos que a parella protagonista tece, que lideran, en moitos momentos a acción, sen perxuicio da liña argumental principal; a morte do alcalde e os motivos de tal acción.

Moi recomedable novela, que mostra a un autor que comenza a ser esencial na literatura galega actual polo seu particular xeito de mostrar as inquedanzas humanas que na Galiza espallánse e fan desta nación o que podemos ver a diario.

 

Comentarios

Además