Cartel

Esta entrada na miña bitácora da-me un gran gosto. Veredes, un autor que eu sigo dende fai uns sete anos é David Rubín, os seus traballos respiran emocións por todas as liñas, as personaxes que describe e debuxa están cerca da humanidade.

Hoxe dando unha volta por www.culturagalega.org vexo a noticia de que o cartel do Salón de Barcelona está debuxado por este fabuloso autor.

Noraboa os catalans, souberon escoller moi ben, lembro-me dalgúns carteis que daban pena, este é fabuloso, reco-lle diferentes estilos e xéneros de debuxar: Manga, sci-fi, superheróes, realidade. Unha fraga encantada.

cartel saló Barcelona09

Comentarios

Además