Verán
Hoxe é unha tarde aburrida de verán.
Non penso falar do tempo que fai. É noxento, ceos anubrados con posibles precipitacións na franxa noroeste. Ventos frouxos e temperaturas que baixan con respeto ó día anterior.
Mágoa. O verán é tempo de facer plans e cousas diferentes, de acudir a concertos, verbenas, de encher os pés de aréa, de loitar pola comida contra feroces formigas, e tempo de sestas nas tumbonas do Alcampo, duras coma croios. Este ano con tanta choiva é o ano das lagachemas. O único animal que dame un noxo…e superior a mín, cando vexo unha sufro arrepíos, e teño que matala
Estou divagando, a cachola non soporta tanta nube nos ceos, e o aburrimento fai que o café que tomeí faí unhas cantas horas me teña excitado. Hai que facer algo.
¡As moscas comenme!
Vai entrando a noite. Hoxe hai nunha localidade cercana un concerto dun grupo famoso. Podo ir, pero tampouco sei se teño gañas, cando remate este pensamento teño que facer algo. Ireí, se ben teño que darme un baño, cheiro bastante mal.
Baixando ata o baño, atopo na escaleira unha lagachema, ¡Deus, que noxo!, a boto fora e contínuo co meu traballo. É superior a min, non soporto eses animáis, cambio de idea e a volvo a coller, mellor a chimpo no lume. Dito e feito. ¡Mira como se retorce!, se tivera boca estaría agora gritando como o bicho que é.
Mentras disfruto da visión, do baño sale un calorciño agradabel, xa enchín a bañeira, é un bo momento para liar un pitillito de maría, no aparello soa David Bowie . Perdo a noción do tempo, ¡qué gusto Deus!
¿Qué carallo é ise ruido?, saío da auga morna e atopo na porta da cociña unha besta de uns dous metros de altura, negra como a fame, envolta en un traxe de lume que obedece as suas ordes. O ser este non ten brazos, é a sua mente quen move, con increible velocidade obxetos inanimados por toda a estancia. Da sua cabeza saen dous tentáculos con ollos ó final. Ten un certo parecido a unha lagachema xigantésca, só que en vez de baba, domiña ó lume.
Os meus ollos non perden nin un segundo e atopan na coniña a unha fermosa muller atada nunha esquina, e leva soamente un cativo biquini?. Non podo contemplar moito rato tamaña fermosura, os coitelos dan voltas en circulo pola cociña, xunto con tenedores e potas.
A besta emite uns sons que non entendo, pero os dirixe cara a mín, soa mal, parece enfadada i e necesario que faga algo rápido, xa que estou no medio da salida natural, debaixo da porta de entrada a casa.
Cunha rapidez que non é normal en seres tan grandes intenta sair pola porta, i eu cun xesto procuro impedilo, unha choiva de faíscas dirixese cara a mín, pero a tempo collo un escudo, ¿cómo é que teño un escudo na cociña?, dame igual, as faíscas chocan contra o escudo e caen o chan. Miro o meu corpo, levo taparrabos?
Ataco de novo, esta vez a amenazo cunha espada, ¿cunha espada?, dou-lle dous mandobles a esquerda e dereita para facela retroceder, pero non consigo o meu propósito, xa que de novo manda-me un ataque de lume que me pica no brazo.
¡Ahhh!, que dor.
-Desperta, que xa é hora de cear!, non vás ao concerto?, aínda estás no baño? Movete.
Deus!, quedeíme durmido no baño.
Bravo meu,molleí os comics de Conan o Barbaro.
Comentarios