martes, 25 de septiembre de 2012

Refrescando a memoria

¡Ai, que lonxe me parece Anatí, e todo o meu pasado dende que cheguie a Tagen Ata! A Comunidade azerrata estaba formada por comerciantes e máis exiliados políticos do país.
Os xa nados en Anatí aprendiamos dos maiores a fala e os costumes de Tagen Ata e viviamos na lembranza da terra lonxana. Conquerida setencentos anos atrás polos verdosos guerreiros monoteístas de Terra Ancha, Tagen Ata pasou a ser parte do seu imperio relixioso e poeirento. A mísitco do dominado enchía os seráns dos emigrados de Anatí, que soñaban co retorno victorioso e coa liberación da belísima patria cuxo centro é a Grande Fraga. Dende a miña adolescencia aprendin a odiar a Terra Ancha, a maldicier a súa opresión, a aldraxar a traiduría dos azerratas vendidos aos colonialistas.

X.L. Méndez Ferrín   Retorno a Tagen Ata 1987  editorial Xerais

No hay comentarios: