Os Mozos

Qué triste está a aldea,
que triste e qué sola!
A terra sin frutos, a feira sin xente,
sin brazos ó campo,
sin nenos a escola,
sin sol o hourizonte, sin fror a semente!

A pedra y as nubes
a sembra arrasando, 
agoiran un ano de fame sombría;
sin pan os labregos, 
nin herba pra ó gando,
qué vai a ser d´eles n´a crúa invernia?

Manadas famentas
de lobos montesos
baixaron d´as chouzas na noite calada 
e postos en ringla,
c´os ollos acesos
acenan d´os pobres pr´a porta pechada...

Mociños honrados
de sangue bravía,
si o mal d´os petrucios non fordes alleos,
librádeos d´a morte,
facei montería
n-os lobos da terra, n-os lobos d´os ceos!

Curros  Enríquez ,  Aires d´a miña terra, 1880

Comentarios

Además