domingo, 23 de diciembre de 2012

Alfonso Zapico

Dende fai un tempo, posiblemente dende o fin do verán, veño de descubrir unha grande cantidade de autores, en banda deseñada, ou en lecturas, que me fan sentir novamente.
Agora desfruto de moito tempo para continuar formando a miña percepción da vida, non é que teña moito tempo de lecer, é que aproveito con máis folgos o tempo do que dispoño para sementar o meu esparcemento.
Por iso vedes que o blog está a ter, nas derradeiras semanas, entradas moi variadas.

Mañan é noiteboa, e o ano 2012  está a votar os derradeiros fumes, por iso non quero rematar sen comentar algunhas das obras que visitan a miña cabeceira e abarrotan os doblados estantes das miñas librerias.
Vou a comentar duas obras dun autor premiado neste ano crítico, Alfonso Zapico, excelente Premio Nacional de cómic 2012 pola sua obra Dublinés.
Precisamente veño de rematar a sua lectura fai aproximadamente unhas duas horas e levo dende o mércores disfrutanto dunha biografía dun dos autores máis senlleiros da literatura universal. James Joyce.
Esta novela gráfica editada por Astiberri é unha lambetada, doce, pero cunhas pinguiñas amargas que lle confiren unha imaxe de obra enorme. Non é James Joyce un autor sinxelo, en todas as  suas facetas, nin a sua vida unha sucesión de acontecementos ocos, espallado por moitas cidades de Europa que Zapico sitúa de xeito moi claro, diferenciando espacios comúns que Joyce frecuentou.

Antes de esta obra lin a novela gráfica Café Budapest, unha historia plural que nos mostra cómo na Jerusalem despoís da II guerra mundial un grupo moi variado de persoas, xudeos, musulmans, europeos, conviven nun Café denomindo Budapest, ata a chegada da intolerancia e o odio... Obra de auténtica actualidade pese a que fora creada no ano 2008.

Non é unha obra menor de este autor, para mín, ata este momento un semi-descoñecido, xa que non lera ningunha das duas obras, tanto unha como outra son excelentes traballos, en branco e negro,  cunha destreza gráfica tal que tes a impresión de estar ante o traballo dun autor consagrado.
Non perdas tempo e acude a tua biblioteca o se tes algúns euros por ahí soltos acercaté ata a tua tenda favorita, seguro que cando remates de ler estas enormes obras estarás dacordo conmigo.

Golem

En una sociedad controlada por un sistema económico y político basado en un consumismo total reina la felicidad como estado de paz perpetua....