Presentación de Cartas de Inverno

Hoxe acudimos a un evento moi especial. Na librería Alita Comics se facía unha presentación moi esperada por mín.
Cartas de Inverno de Antonio Seijas.
Cheguei coa presentación empezada. Penso que era o editor de Xerais, Manuel Bragado facía unha introdución a obra de Antonio Seijas.
Eramos unhas quince persoas, todos moi  atentos as explicacións de Manuel e posteriormente de Antonio que de xeito sinxelo, pausado nos mostrou como foi a xénese da banda deseñada, como respostando a cuestións feitas polos asistentes, fixemos unha viaxe pola adaptación que Antonio fixo da novela de Agustín Fernández Paz.
Turno de preguntas: Ninguén dixo nin chío, tiñamos ganas de levar un recordo imborrable.
Antonio é un home tranquilo, de carácter moi afable, rapidamente con xestos precisos debuxa cun rotulador de cor gris nas negras páxinas liñas que transportan a espazos máxicos.

Rematou o agasallo e todavía unha sorpresa esperaba me.
De súpeto me dí que unha preciosa lavandeira debuxada por él nun folio branco, era...para mín!!!!!
Esta non foi unha presentación de banda deseñada maís. Polo xeral, este tipo de actos me parece moi interesante xa que teño a impresión de que os autores son persoas que no seu traballo diario non teñen un contacto cos seus seguidores, e así poñen cara ós homes e mulleres que mercamos as obras.
Pero o de hoxe foi moi especial.
Lixeiro como un lóstrego fun cara a miña casa a compartir os meus agasallos ca miña familia; a miña muller e os meus fillos sentiron a miña alegría e a admiración que sinto por Antonio Seijas, como autor e como persoa.

Grazas Toni!



Comentarios

Además