Listas de banda deseñada



Fai uns días unha amiga envioume un correo e pediume que lle recomendase algún cómic.

Bufff!. Que difícil! Custoume pensar en que obras poderíalle recomendar. Como escoller? Teremos gustos parecidos? escoller sempre ten unha dificultade.

Esa petición faime reflexionar acerca dos meus gustos, de todas aquelas historias que se se apiñan nas miñas  estanterias e que considero fanme gozar.


Non recordo cando  comence a ler cómics. Primeiro chámeilles así. Despois escoite aquilo de cómics, o meu pai dicíalles historietas, e agora gústame banda  deseñada ou novela gráfica. Pero todo é o mesmo. Unha arte. Narración e gráfica. Arte secuencial. Beleza.

O mellor era cando o meu permitían que, antes de durmir, o meu pai léseme un pouco, con distintas entoacións!, moito mellor que os debuxos da tele.
Antes ler un  zipi  zape, unha aventura de Mortadelo, era  reirme sen parar,  Superlópez, miúdo!, o máis  tronchante;  Anacleto, iso se que é un axente secreto; 13  rue do Percebe, creo que todos coñecemos tendeiros ladróns, tipos que non pagaban, porteiras coa escoba na man, etc. Unha representación de calquera edificio de España.

O capitán Trueno era un dos meus aventureiros preferidos, pero sobre todo Jabato, e maís adiante o Corsario de Hierro, se ben manoseaba o guerreiro do Anteface e a súa loita sen cuartel, unha e outra vez, o home tiña uns problemas de cabeza bastante importantes. Os sopapos de Roberto  Alcazar e  Pedrín cansábanme bastante. O  Pedrín sempre me pareceu un pouco  listillo de máis.

Lembro un San  Froilan no cal o meu pai comproume unha antoloxía de Hazañas Bélicas. Despois perdino, non o volvín a ver. Gustábanme, sobre todo algunhas historias nas cales se mostraban aspectos humanos, por que  habia outras que non che  podias crer.

As de mariñeiros eran as miñas favoritas. As adaptacións que das Xoias Literarias Xuvenís realizaba a editorial  Bruguera eran un agasallo habitual entre amigos e familiares. Horas de pracer.
Asterix O Galo, así en galego foi o primeiro personaxe do que inicie unha colección. Ata agora, que sigo mercando as suas novedades.

Superheroes, por suposto as edicións de  Novaro foron as miñas primeiras lecturas. Pouco gardo deles, xa que  no verán tiñamos o costume de montar  tiendecitas (cunha caixa de froita, e todo a 5 pesetas) e obter unhas moedas, eran moi desexadas polos maiores. Lembro a Patrulla X, Dan Defensor, Namor, Superman, La masa, Spiderman, Spirit, e algún de ciencia ficción que non lembro.

Quizais o inicio da adolescencia e os estudos, a crise do inicio dos anos 80, época de tormentas persoais, abandonei a novena arte pola música. Tamén é certo que case ninguén dos meus amigos tiña o costume de ler, só de xogar ao fútbol. Pouco a cambiado o noso país.

Outro momento que teño na miña memoria é unha tarde noite na estación de autobuses e con algo de diñeiro no meu peto, esperando ao  autobus que me levaría á miña aldea,  rebusco algo para ler e atópome coa portada do  CIMOC 35. Era a época das revistas e chamoume a atención esta mestura de aventuras, ciencia ficción, fantasía e acción. Estiven toda a fin de semana lendo nela. Aí volvín comezar a miña necesidade de atopar historias que me axudaran a escapar da realidade, que me levaran a outras èpocas, espacios, na procura de emocións e experiencias. Formaba a miña identidade cultural.
Cada mes nese mesmo quiosco mercaba a revista, mentras buscaba en tendas de libros de ocasión números atrasados e outras revistas que fixeron a miña delicia. Todavía teño números de Metal Hurlant, El Vibora,

Como se pode deducir, a educación literaria que recibía foi para mín unha delicia que só co paso do tempo podo apreciar. Nunca poderei agradecer os meus país que me adentraran na miña bibliofilia.

Comentarios

Además