O corpo de Cristo

Teño por costume mercar todas as obras que obteñen o único premio que se fai na nosa nación adicado a banda deseñada. O premio Castelao que a deputación da Coruña leva doce anos mostrando un feixe de autores e autoras moi intesantes.

O XII premio Castelao de Banda Deseñada foi para a primeira muller na sua corta historia.

Pero eso non é o destacable. O que  maís me chama a atención é a poderosa temática que Bea Lema, autora gañadora do premio, mostra na sua agarimosa e terrible historia: O corpo de Cristo.

E Bea Lema enseña dun xeito directo cómo varios factores poden incidir no xerme da disconformidade entre saude e doenza.

O argumento da obra é poderoso.

A partir da visión dunha filla imos adentrándonos nas extrañas relacións entre a sua nai, e o seu entorno, familia, aficións, valores morais, medos, diálogos cos seus seres queridos, e tamén coa sua propia personalidade.
En cativos capítulos podemos ver cómo se vai producindo unha simbióse única entre coidadora e doente. Cómo a ausencia paterna é un elemento poderoso, e cómo a nai busca perpetuar valores e crenzas aprendidas por ela.
No proceso de formación da sua propia identidade, a filla busca distanciarse de aqueles elementos que son xerme da doenza na nai.

O estilo gráfico empregado por Bea Lema e dunha sencillez chamativa, sen alardes gráficos, pero mostrando un trazo gráfico impactante. O dramatismo pode chegar por camiños limpos.

 Non atoparas cadriños que separen a acción, en ocasións destacan ilustracións que ocupan toda a páxina e mostran emocións intensas que axudan a empatizar coa protagonista principal: a doenza.


A sua antagonista, a saude, nas mans da inocencia.

A saúde mental é o meu ámbito de traballo, e na procura de xeitos de difundir a realidade das persoas que atravesan por este escuro considero que esta é unha obra que tanto doentes como coidadores poden identificar sentimentos, emocións, comuns.

Moi recomendable. Ogalla a vindeira obra gañadora do Premio Castelao teña unha calidade tan intensa.

Comentarios

Además