Canción para afundir flores no mar
Fai un par de semanas Oliver Añón facía a presentación da sua obra na librería Alita Comics Orzán. No remate da mesma Oliver adicaría as obras. É unha das actividades culturales que intento non perder, acercarme os autores e escoitalos dun xeito maís persoal.
Canción para afundir flores no mar é unha obra complexa para ser a primeira que este autor mostra editada no cativo mercado da banda deseñada en galego.
Foi considerada como a mellor obra presentada na XIII edición do Premio Castelao de Banda Deseñada. Polo que podemos disfrutar dunha nova obra en galego. Tapa dura e tamaño grande para disfrutar dun feixe de historias, cativas, pero cheas de espazos comúns con calqueira, que a convirten nunha obra de universal lectura.
A grafía clara que mostra Oliver Añón proporciona una rapidez na lectura que unha vez que remato a primeira ollada, teño a necesidade de voltar a pasar as miñas neuronas polo papel branco e negro; a poética da escrita é acompañada dun xeito armonioso coa elección dun trazo limpo, claro, oscuro, de formas sinxelas, que mostran a crudeza dos sentimentos que conforman a creación dunha identidade propia a partir de experiencias pesonais e alleas en distintos contextos, urbáns e rurais.
Pecho as capas e penso, quero algo maís. Espero que Oliver teña en mente compartir con nós maís pensamentos, sentimentos e bon facer.
Moi recomendable.
Comentarios