Poesía eres tú, Manuel María

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbese a lúa
andar ceiba de noite polo ceio.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exempro ás nenas castas
i ós fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 á 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
pra que non fiquen valdeiros os pantanos.
Un só se poide emocioar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fora de Lei
as estrelas, a Primaveira, 
as froles i os páxaros.
Dase este bando en tal e cual
pra que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

Bando

Manuel María
Do seu poemario, Documentos Personaes 1970 Editorial Celta.

Manuel María é unha das persoas maís atraíntes que descubrín de xeito pouco ordeado. Lendo por aquí e por alá obriñas que, sin querer, caían nas miñas mans. Esta cativa obra é tan poderosa como a que descubrín en autores maís senlleiros da literatura galega, cunha visión clara, limpa e fresca da sociedade galega de finais do século XX.

Comentarios

Además