Poesía eres tú, Xavier Costa

Reconózote nas enrrugas da faciana,
coma unha colleita
sementada baixo o sino dun bon deus.
Reconózote vivida e madurecida,
coma froito de ti mesma.
Doorida, leda: ampla frol de sacrificio.
Soio así,
téndote,
enviso no quixo tremante
do teu ser divino,
soio así,
ña nai,
soio así,
poido aspirar a ben morrer.

NAI
Xavier Costa Clavell
Os anos do vougo e outros poemas. 1977. Edicións do Castro.

Comentarios

Además