Mi Juan. A caixa

 

A Caixa

A caixa é de cor escura, está lacada. Na parte superior aparece o debuxo dunha paisaxe asiática, moi relaxante, con liñas que deseñan un espazo de tranquilidade con trazos paralelos e profundas vistas.

Ao abrila móstranse infinidade de tesouros ante os ollos dun neno inquieto e curioso, estou diante do cofre de Long John Silver, ese que enterraban en illas remotas. Pero non nos equivoquemos, as únicas moedas que atopas no cofre son pesetas antigas, ou escudos portugueses, tamén pesos uruguaios, arxentinos, pero nada, nin un mal doblón de ouro.

E que dicir do cheiro. É curioso como ese cheiro a misterio e prohibición uniuse ao da cativa pastilla de xabrón de Heno de Pravia que habitaba no interior da caixa e dominaba toda a habitación ao abrir a tapa.

Ademais, follas amarelas, cheas de recordos e esperanzas, de alegrías e palabras mal escritas, pero plenas de contido emotivo.

Na infancia, un velo cubre os nosos ollos, un día ese velo erguése, rompése de súpeto, un golpe atravesa os nosos sentidos e remata por ocupar un sitio na nosa vida.

Unha nova visión; como nas ilusións ópticas. Esto é, un engano ó noso sistema visual que o cerebro crea a partir dunha información parcial. Igual que na infancia.

Comentarios

Además