Mi Juan. A Língua.

 

A Língua.

A língua galega era un código empregado por nós. O seu obxetivo, pola miña parte decirlle que eu tamén era como ela, parte do seu, rama do seu raíz, flor da sua semente.

Afirmaba que era unha muller sen estudios; cando falaba da sua escasa escolarización, facíano en termos que mostraban a carraxe por deixar de ir a aprender e ir a traballar as leiras.

Moito nos temos rido cando ela mostraba signos da sua fala, que afirmaba, non era boa; a gheada era moi común e incluso algo do que ambos destacábamos, como un xeito de diferenciarnos.

Tíñamos palabras que soamente nós coñecíamos: O parte , noticiario na televisión¸ compangho, a chegada da fame, chivato, o teléfono;

Tamén tiñamos expresións: ir a paséalo cabuxo, era cando estaba enfadado por algún motivo sen solución, mellor pasear un pouco; Vín gamusinos polo monte, esa afirmación que estaba a contar non era tal, era unha mentira.

Comentarios

Además