Rhapsody in blue de Andrea Serio

 Estes tempos agridulces que estou a vivir teñen como característica importante a causalidade nas accións.

Un debate importante estivose a realizar de xeito público pola reunión que mantiveron distintos profesionais da banda deseñada española con representantes do partido político de extrema dereita VOX, foi polo mes de xuño deste ano que vai rematando.

A miña total repulsa a esta decisión que como lector non comparto. Entendo os motivos administrativos-legales-laborales que podan ter este colectivo de traballadores da banda deseñada, pero sentarse cun partido político que atopa na agresión verbal o xeito de relacionarse coa sociedade, e incluso con compañeiros de profesión non é, na miña opinión, unha boa decisión xa que considero pouco axeitado dar validez a semente de odío que constantemente espallan polos medios de comunicación, mitíns, redes sociais, etc...

Ó mesmo tempo que fago esta reflexión estou a ler unha obra que mostra dun xeito directo, empático, con emoción e sensibilidade a destrucción dun camiño vital que tres rapaces están a transitar mirando un horizonte de esperanza esnaquizado polo odio e a carraxe contra o distinto.


Rhapsody in blue é unha novela gráfica dun poder evocador inmenso. En cada cadriño atopamos unha descripción emocional que nos transporta a espazos comuns da melancolía.


Unha viaxe interior que mostra o transfondo das importantes decisións dun rapaz que ve como a sua condición persoal é motivo de odio de aqueles que se consideran os seus compatriotras. Esta viaxe combinase cun desplazamento espacial que será o que o impulse a loitar contra o fascismo.

A perda de valores humans que nos falan de respeto e aceptación é unha constante en tempos de crise económica, tal como aconteceu na primeira metade do anterior século e podemos apreciar no inicio de este novo milenio.

En cada paxina das 127 que ten esta banda deseñada a color que edita Sapistri dun xeito agarimoso e notable atopamos unha petición de afirmación dos teus valores; non podemos mirar para outro lado, temos que adoptar unha decisión fronte as imposicións.


Andrea Serio é un autor italiano cunha enorme capacidade de impactar visualmente, algunhas das imaxes que podemos disfrutar nesta primeira obra publicada no noso país é altamente adictiva.

Coidado podes afacerte as bandas deseñadas!!


Comentarios

Además