O cervo e a sombra. Diego Ameixeiras.

 Es unha maldición, sempre o fuches.



Mateo só intenta seguir, non afogar entre as enormes olas do cotián. O seu mundo está cheo de persoeiros moi dispares:

Atende a unha mestra xubilada con dificultades de movilidade.

Vende momentos de felicidade que nifran persoas na procura dun unicornio permanente.

Apoia ó seu mellor amigo, Silvio, que necesita diariamente atopar unha senda que non leve ata a autodestrucción.

Fala de filosofía teolóxica con Andrés, crego solidario.

Irrumpe na esperanza con Katia, activista humanitaria.

Quere sanar as feridas que xunto con Irene foron dolorosas e sangrantes emocionalmente.

Nesta tea de araña que son as suas relacións, un peso permanente, a perda dos seus pais nun accidente.

Un desexo constante, a volta dun pasado maís doce que o túzaro presente.

Non é unha novidade do, para mín, mellor escritor da sociedade negra actual, Diego Ameixeiras. Autor que mostra con palabras como navallazos a realidade máis emocional da sociedade galega actual.

Nesta curta novela, 153 páxinas, de áxil lectura e fonda reflexión atopamos héroes do cotián, malvados cercanos, sen culpa e con azos de atopar unha realidade menos dolorosa.

Varias son as frases que fun de subliñar a medida que leía con grande prazer este mosaico de persoeiros urbáns; atoparás os temas habituais na novela negra actual, soidades, perdas, culpa, amizade, amor,  esperanza.

Non perdas o tempo!, 


Comentarios

Además