miércoles, 1 de septiembre de 2010

O burato do inferno


Nesta oscura obra mostrase a realidade dunha Galicia mariñeira, pobre e ruín.
A figura dos raqueiros é o centro desta historia que mostra o lado maís tenebroso do home e como o peso da culpa faí que busque acougo e axuda nun fillo que fará o que o paí lle pide.
Cun rítmo narrativo áxil está é unha obra imprescindible, con poucos diálogos, e moita descripción narrativa os feitos acontecen sen tregoa, non podes deixar de mirar cara as follas escuras, escoitas o son do mar, e chega ata tí o cheiro duro do peixe nas caixas do porto.
Esta é a segunda obra que coñezo de Ramòn Trigo, a primeira tamén tiña o mar como protagonista no número 6 de BDBanda. A representación da figura humana mellora desde esa primeria obra, e o guión, feito polo irmán José Manuel Trigo é maís contundente e redondo na sua feitura.
A presenza da obra é excelente, con unhas capas suxerintes, e a calidade do papel moi boa.
Non teñas medo e mergullate neste burato oscuro e profundo.