Cabana de Balieiros

Esta obra é unha das mellores que lín este ano, das publicadas en galego. O argumento é moi interesante, un personaxe clásico nas obras galegas, un sacerdote con pouco mundo e moita literatura, unha muller que fai de lider social da vila, segredos, violencia, historias paralelas do pasado que transcorren no presente como aliadas.
A parte gráfica é tamén un descobremento, non só polo uso da cor, branca, negra, gris, azul, cores que axudan na descripción das emocións. Tokio é un debuxante que destaca polo manexo da acción, para mín é perfecto, te introduces na lectura é non podes de deixar de mirar a seguinte banda, o seguinte é tan interesante como o que estas a ver.
Non contaba con desfrutar de esta novela gráfica tan interesante e amena. Aprendín moito da miña terra lendo un tebeo.
Unha delicia. Desfrutade de estas cativas maravillas, se queredes más ide ata aquí

Ata logo

Comentarios

Además