O exército de fume

Aproveitando o tempo de lecer fun cara a biblioteca na procura dunha inquedanza. Xa tiña tempo que sentía o desexo de sentarme a disfrutar coa terceira obra de ficción que Manuel Gago escribira e Xerais editou  no verán do ano 2018.  447 páxinas e unhas cantas horas de prazer.

A capa da novela é impactante: un puño forte, cheo de enrrugas e suciedade na única unlla que se mostra, cerrado do cal sae un fume branco que destaca sobre o fondo negro. Excelente e chamativa capa. É obra de Sole Felloza (@SoleFelloza).

Considero que non estamos ante unha nova novela histórica, que mistura en distintas porcións realidade histórica documentada e ficción, creando personaxes, ou persoeiros que mostran aspectos posibles que seica aconteceron; Case todos os comentarios que atoparas polas redes sociais falan deste xeito; para mín estamos ante una novela un pouco maís artellada. Falamos de espías louras, guerrilla de monte e dinamita, guerra nos despachos británicos, loita entre submariños e avións, amor, odío, pelexas de intelixencias nun escenario único: Galiza.


Na Galiza de mediados do século XX unha maestra intenta pulir as mentes dun grupo de rapaces nunha aldea galega. E filla da clase alta coruñesa. Ten un presente pouco destacado pero un futuro moi prometedor. Vai a combatir nunha guerra europea sen saber. Non estará soa, será acompañada por un famoso guerrilleiro que terá que afrontar decisións fundamentais na sua vida para axudar a toda un grupo de nacións, e a sí mesmo. Un pintor de sona ten que facer un encargo que non é de moito agrado. Tres fíos dos que tecer agarimosamente, empregando o tear das relación humanas, ata crear unha obra chea de matices.

 Atopamos unha narración plural onde de xeito misturado aparecen homes e mulleres de distintas clases sociales e condicións laborais; Atopamos temáticas lóxias nas obras do señor Gago,  o arte é parte transversal, xa que temos como persoeiros ao pintor maior do mar, Urbano Lugrís, e dun xeito maxistral temos ata canteiros,  presencia dunha das maiores artes e oficios galegos como cómplices necesarios da loita contra a opresión que é unha das liñas argumentais da brava novela de Manuel Gago.

Outro dos temas que a novela mostra é o da amizade, e o seu contrario, a traizón que dende o enamoramento dunha muller que escolle ante dous amigos, ata chegar a emocións intensas que moven as partidas da guerrilla contra Franco, o benestar persoal, a loita dun exército ou de grupos dispersos que teñen maís ilusión que armas ou dirixentes implicados na loita dun pobo na procura de libertade que non de valores humáns.

Os escenarios da obra son outro dos motivos para disfrutar coa narración; vamos a atopar sinxelas descripcións da natureza máis agreste, camiñaremos por vilas mariñeiras, rúas das vilas de interior, os nosos protagonístas viven nas cidades maís desenvolvidas de Galiza nesa época. Tamén espazos domésticos, tascas, casinos elegantes, estadio de Riazor,  embaixadas europeas, muíños do pobo, e ata cidades que acolleron a milleiros de emigrantes na procura dun sono de liberdade.

Manuel Gago é un autor que mostra os alicerces dunha nova narrativa galega no século XXI.
Vai por esta magnífica obra, merece moito a pena.

Comentarios

Además