domingo, 25 de septiembre de 2016

La Respiración

Onte disfrutamos dunha tarde de teatro no Rosalía.


Comedia con escenas que mostran unha invitación a vida dende o sufrimento da pérdida e a procura de novos espazos e motivacións personais.
Medos, filias e fobias dunha vida sen alicerces.

O grupo de actrices e actores é moi variado, xente con moita experiencia e logros xunto con novas voces e xestos. Destaco o traballo de Verónica Forqué, con unha presencia enorme e un ritmo contaxioso.

Obra de longa duración que, por momentos, atopas tempos predecibles e outras escenas inolvidables.



No hay comentarios: