Os días do cometa

Catro amigos da infancia seguen camiños ben distintos a medida que a vida os vai situando en espacios diferentes.

Os vellos temores, as feridas non cicatrizadas do pasado permanecen traendo dor ata o presente, facendo que as decisións dos protagonistas caían de parte da violencia.

O espectador non invitado é o cometa Haley, que dende o ceo asexa de que xeito se desenvolven as historias que, coma nun cruce de camiños, xuntan odio, amor, vinganza.

O argumento podería ben ser escrito por un autor de serie negra clásico.

As personaxes están claramente definidas, moi ben traballadas, mostrando persoas coas que algunha vez poidemos estar sentados ó seu carón mentras tomabamos unha cervexa.

A acción transcurre nunha cativa vila que moi ben podería ser calqueira das diferentes vilas galegas que nos anos oitenta do século pasado viron pasar a narcotraficantes, políticos corruptos, manifestacións, puticlubs, borrachos, putas, penso que precisamente esa ausencia de definición da cidade a convirte en universal.

 Miguel Fernández volve a demostrar o seu excelente traballo na definición dos primeiros planos e cun ritmo trepidante en moitas partes da obra, o certo é que as escenas de acción son realizadas dun xeito moi áxil.
O traballo coa cor negra, en moitos momentos me lembra a personaxes como Alack Sinner.




Unha nova aventura da mellor das editoriais que atravesan o deserto da edición en banda deseñada galega.

Comentarios

Ismael dixo…
Dupla fantástica!, o Eisner e mais o Andreu Martín galegos. Mas o mapa psicosocial dum Jaime Martín.

Además