Viñetas dende o Atlántico 2014

Viñetas é un festival. Levo 17 anos disfrutando de este festival de debuxos e palabras, ate o de agora, nunca fixera unha entrada do blogue comentando unha opinión xeral do Viñetas. Pero esto ano teño gañas.

Non sei se algún dos encargados do mesmo leerá estas sentidas opinións, encantaríame que así fora, xa que son feitas dende o respeto, o cariño e o prazer compartido, xa que nótase que os organizadores respiran amor pola novena arte.
A miña opinión vai a ser sobre o que poiden disfrutar, e claro, non poiden estar en todas as actividades e sesións que un grande evento como Viñetas organiza.
Comenzo coa selección de autores: Cando lin a nota de prensa coa escolma de autores que este ano virían polo festival, non me entrou a sorpresa, polo xeral nótase o intento de que acudan autores moi coñecidos polo público xeral e tamén outros con menos tirón entre os seareiros.  Coma sempre leveime moitas sorpresas nas visitas polas exposicións de orixinais ó descubrir a enorme habilidade de varios dos invitados.

As exposicións é o que maís me gusta, é unha absoluta delicia pasear pola obra de tan variados autores, e a escolma as veces leva-me a modificar o meu punto de vista sobre un autor ó descubrir a sua variedade creativa.

O punto forte soen ser as entrevistas, pero é moi complicado compaxinar vida familiar e tempo de ocio polo que só poiden acudir as feitas con Jano, autor que viña no apartado de autor galego e que neste ano tiña no seu peto unha edición da sua obra Nacho Camacho, con Demo Editorial. Como sempre moi agradable e ilustradora de toda a obra de este novo autor.
A segunda foi a que nos traia a David Rubín y Miguel A. Giner para explicar a sua paticipación no proxecto Viñetas de vida. Impactante. Estamos a falar dun proxecto único que rompe as barreiras do medio para mostrar os beneficios da cooperación cos paises menos desenvolvidos. As verbas que os dous autores compartiron cos poucos presentes na charla(mágoa)chegaron ata o maís profundo dos nosos sentimentos.

Sei que a miña próxima petición é imposible, pero gustaríame que as charlas se deran por streaming, ou se grabaran e colgaran na web do festival(moi mellorable), non sei de custes e de posibilidades económicas do festival pero sería unha mellora que permitiría chegar a moita maís xente interesada no Viñetas.

O tratamento pola prensa local do festival é, dende o meu punto de vista, escasa para o nivel que ten este evento, moita maís tinta no papel,  verbas na radio e minutos na televisión vai a ter un entrenamento diario de calqueira equipo de fútbol.

 As actividades que dende a Rúa da BD foron programadas, como sempre me encantaron, as firmas cos autores, as presentacións das obras, o taller de zombies, e moitas maís...permite unha actividade contínua na rúa.

En xeral, como sempre, se me fixo corta a semán...ogalla tivera maís tempo...o próximo Viñetas..


Comentarios

Ismael dixo…
Este foi o ano da invasión dos fanzines.
Existe quen opina que 'videar' os encontros pode coartar as opinións dalguns dos invitados. O paseo de Jaume Vaquer anda no youtube.
No momento desa conferencia sobre as historietas de Viñetas de vida eu estaba na procura da firma de Oriol Hernández, Zidrou, e Sento; na edición anterior foi o revés, non quisen perdera charla de Fausto Isorna. Ainda que esquecinpreguntar que materiais tiña pensado publicar no libro sobre comix underground galego que finalmente non publicou El Patito (e este ano a editora non concurriu na Rúa da BD!).
Na presentación de Nacho Camacho (na Carpa) estivo o roteirista. Chorou por non ter oseu nome acreditado pelos roteiros da serie na mostra de Jano. Foi do mellor.
E Zidrou a estrela do festival.
Ismael dixo…
Esquecía... Os que non vivimos na cidade toda a semana sufrimos a falta de información, o terror da web oficial e do seu facebook, que no peche prometeron solventar. Mesmo pensei desistir no segundo día e deixar de pedalear desde Perbes para non ter que voltar desilusionado.

Además