A viaxe de Gagarín

É unha experiencia única descubrir que tras has páxinas dunha obra se atopan lugares coñecidos.

Na obra A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz se describe a infancia e adolescencia dun rapaz que está a vivir o seu comezo coa vida, os seus primeiros aprendizaxes, as primeiras inxustizas e os doces pasos do día a día.

Este neno vive coa sua familia nunha rúa da cidade da Coruña.

Ata aquí todo normal, non?, que fai especial esta lectura?, actualmente na literatura galega atopamos moitas obras que nos adentran en espacios coñecidos, como unha mestura de realidade e ficción. Agora calquera de nos pode ser un protagonista dunha historia única.

Este rapaz que desexa ser un cosmonauta, pasea polas rúas nas que xogueí as canicas, o trompo, beirarruas sen terrazas dos bares nas que escapabas, sen medo ós coches, dos teus compinches. Eu medreí nas ruas chamadas do barrio do Gurugú, do mercado de Santa Lucía, paseando e xogando no Monte de Santa Margarída, rompendo zapatos no redor da Basílica de San Pedro de Mezonzo. Eses son os espazos da miña inocencia.

Foi toda unha inmersión atopar esta lectura do grande mestre da literatura galega actual.

Na sua axil narrativa, Fernández Paz, nos adentra nun mundo que comeza a estar esquecido, xa que son moitos homes e mulleres de esta xeración que nos están a deixar.

Non perdades o tempo e ide a buscar unha viaxe de Gagarin,  merece moito a pena!



Comentarios

Además