O último barco

Moitas veces teño a impresión de que cando estou a ler unha frase nun párrafo dunha novela, de que estou ante algo que aconteceu. Una novela que va maís aló. Non é doado. Pero cando leo unha obra de Domingo Villar, sempre teño esta impresión.

A terceira entrega das investigacións dun inspector galego na cidade maís poboada de Galicia. Leo Caldas. Un home afeito ó razonamento e os datos; pouco cercano a determinadas intelixencias que bordean o emocional. Unha persoa familiar pero que case non ten familia. Sendo moi sociable, ten dificultades para atopar unha corredoira transitada por alguén que o acompañe. Podería pasar ó meu carón na rúa e non chamaría a miña atención.

O último barco é unha novela policíaca, pero nesta obra non é só a investigación, ten moito de novela de costumbres, podemos descubrir a persoeiros de case todas a clases sociais, moradores das ruas, ciruxáns famosos, profesores de artes fundamentais, labregos, mariñeiros, xuices, pasean polas páxinas ben artelladas por Domingo Villar.
Quizás sexa este un dos logros da obra, mesturar xéneros sen escapar do marco principal; esto é, unha desaparición e a conseguinte investigación.

O pegamento que une a todas estas persoas é unha posible desaparición dunha profesora da escola de artes e oficios de Vigo.

 Mentras buscamos a pegada dunha persoa nos milleiros de roteiros que diariamente ollamos ó caminar por as rúas, atopamos á relación que temos co resto do mundo. As liñas de investigación moi ben descritas polo autor funcionan como un medicamento hipnótico que non permite ver maís aló.

Gostaríame destacar o ritmo narrativo, que sendo moi áxil e suxerente, fai que mentras transcurren diálogos e descipcións sinxelas, realistas e sen excesivos detalles, apenas transcurran horas, días, que produce unha angustía no lector xa que se ben estamos avanzando, os pasos son cativos, e pesados, como se estiveramos nun lodazal.

Gracias á elaboración das personaxes principais da historia atopamos a descripción miúda dos sentimentos que a cotián inundan ós seres humanos ante as situacións graves, xeneradoras de medo, frustración, e cómo reaccionamos ante estes feitos.

Da man da excelente editorial Galaxia temos unha nova viaxe pola cultura galega, tendo como guía a un duns autores maís importantes da nova narrativa galega.

Moi recomendable.

Comentarios

Además