Mi Juan. Callobre.

 Callobre

Como describir o comportamento humano e social dunha aldea galega nos principios do século XX?

Si escoito a opinión da miña avoa, en ocasións atopábase en algo parecido ao Edén, un paraíso, xa que os veciños poderían ser auténticos anxos, dispostos a colaborar cando hai unha emerxencia, preparados para a festa ao terminar a xornada laboral, cancións, chanzas, bailes, alegría que nace desde o amor.

Pero si atendo máis á súa narración de historias ao redor da aldea, a verdade é que ese espectacular grupo de homes e mulleres transfórmase, como unha metamorfose, converténdose en malvados de lenda que enumeran pecados capitais, defectos congénitos a toda unha estirpe, liñaxe e familia.

Todos realizamos un papel na vida; o curioso é que hai papeis non moi desexables entre o elenco que repartiron na vida da miña avoa.

A sociedade rural na cal se desenvolvía rexeitábaa principalmente por un motivo, pero tamén a exaltaba por outros.

Si, foi nai solteira, non protexeu a súa honra e a da familia, a casa por enriba do individuo.

Pero ademais, cumpría coas súas faenas, atendía aos seus irmáns maís cativos, realizaba labores de campo, coidaba dos seus maiores, era boa nai, boa irmá, excelente filla, pero non puido ser boa esposa, ah!

Si foi boa noiva.

Segundo as historias da miña avoa, o lugar de Anido, parroquia de Callobre, Concello de Miño, era un propio sistema de vida, un cúmulo de especies.

Comentarios

Además