1280 almas.

 Varias son as lecturas deste verán, e todas son interesantes, ou agradables. Menos unha. Esta obra é unha novela descarnada que mostra un tipo tan valeiro de moral que da a impresión de que é unha historia totalmente verídica. 

 É unha recomendación moi necesaria. 

 Foi Jo Nesbo o primeiro autor que escoitei falar de Jim Thompson. Nunha entrevista solicitan do escritor noruegués que recomende algunha lectura no eido da novela negra, e con grande exposición indica que actualmente a novela negra tende a ter un fío claramente dirixido.

 Os argumentos actuais, en xeral,  parten dunha situación na que temos un acontecemento negativo feito por un ser oscuro e un, ou varios protagonistas, indagan e buscan as claves necesarias. Incluso él mesmo fai esta sinopse das suas obras de Harry Hole, non tanto así de outras obras de este prolífico escritor, como "El Reino".


 Contiuna coa exposición das obras de Jim Thompson, sin nombrar ningunha, só recomenda a sua obra en xeral.

 Afirma que este autor e guionista estadounidense fixo da sua selección de obras unha búsqueda de persoeiros marcados polas circunstancias e o contexto no que vivían. Pode ser que algunha das novelas escritas por Thompson sean moi autobiográficas, segundo algúns autores. 

Non é nada doado atopar obras de este autor, eu levo 5 nas miñas frecuentes visitas a librerías de vello na Coruña, pouco a pouco van aparecendo, son en xeral edicións de peto, económicas e moitas delas descatalogadas.

1280 almas é a poboación de Potss Country, sen contar negros, como din os protagonistas de esta narración directa, agria e de áxil lectura que nos mostra como un grupo de homes e mulleres no entorno do destemido sheriff de esta pobre e rural población ve como a sua vida trucase ante a posibilidade de non ser relexido novamente.

Nick Corey busca satisfacer as suas necesidades sen ter en conta o ben común, a lexislación actual, o respeto polo público, nin pola vida dos demáis; o maís importante para Nick é Nick.

Pese a esta clara mostra de egoísmo, escasos valores morais, xenofobía, misoxinia, violencia constante, Nick ten algo que fai que sintas qué é un tipo marcado polo seu entorno, fai o que ten que facer para sobrevivir, e pode ser que esas 1280 almas, sean algo maís que persoas.

205 páxinas desta edición traducida por Antonio Prometeo Moya que no ano 2005 publicou Ediciones El País nunha colección denominada Serie Negra. Esta obra é a número 23. Non é nada complicado atopar esta edición nas librerías de vello. Merece moito a pena.

 Non pagues maís de 3€ por ela

Comentarios

Además